Olimpiadas patrimoniais Cíes-Illas atlánticas

16 equipos de 3 compoñentes.

1 adulto responsable por equipo.

Nenos e nenas de 8, 9 e 10 anos.

Temática variada.

Actividade gratuita.

1er premio: Tablet para cada un dos integrantes do equipo.

Haberá premios para o segundo e terceiro equipo, así como agasallos para os/as participantes.

 

Funcionamento:

1.-As Olimpiadas de Patrimonio mundial Cíes-Illas Atlánticas son un concurso tipo clasificatoria que terá como temática principal o Parque Nacional Illas Atlánticas, ensamblando neste os valores patrimoniais, culturais, históricos e naturais do espazo.

2.-As prazas son limitadas e serán concedidas en rigorosa orde de inscrición. Poderá participar calquera equipo formado por 3 nenos/as de 8, 9 e 10 anos.

Para participar nas Olimpiadas, débese cumprimentar o correspondente impreso. Unha vez recibida a solicitude, os organizadores responderán cun email que certifica a praza e adxunta bibliografía en diferentes formatos adecuados para as idades.

3.-Este concurso realizarase o 16 de decembro, sendo totalmente gratuíto.

Terá tipoloxía clasificatoria, con octavos, cuartos, semifinais e finais. Así, os equipos asistirán o domingo 16 acompañados dun adulto responsable. Os equipos competirán e irán pasando as fases coas súas correspondentes “repescas”, ata quedar só 2 equipos, que participarán na final.

Normas do concurso:

1.-Cada equipo poderá contestar só na quenda correspondente e a través do seu/súa portavoz. Calquera resposta que non sexa emitida polo/a portavoz do grupo non será admitida e producirase un rebote.

2.-Se un membro doutro equipo contesta fóra da quenda, a pregunta será anulada e o seu equipo será sancionado con un punto menos.

3.-Se un asistente ao evento interferise no desenvolvemento da proba, contestando preguntas ou axudando (de calquera modo) aos participantes, será expulsado da aula onde se desenvolva o concurso. A pregunta en cuestión será anulada.

4.-Se durante o desenvolvemento do concurso un equipo mostra un comportamento inapropiado (non respectar as quendas, interromper o xogo charlando, rindo, etc...) poderá ser descualificado.

5.-Se un equipo presenta comportamentos ilícitos (p.e. copiar ou consultar a resposta con calquera persoa que non sexa un membro do equipo) será expulsado da competición.

6.-Os móbiles dos/as participantes serán entregados antes da proba ao seu titor/a.

Documento solicitude:

ENVÍO DE INSCRICIÓNS:

alecrin.natural@yahoo.es (Asunto: Olimpiadas Patrimoniais)

MÁIS INFORMACIÓN: Alecrín Actividades e Aventura

677 525 930 (Encargada do proxecto: Ana)

Síguenos en:

  • Tripadvisor icono social
  • Facebook icono social
  • Instagram

© 2015 Alecrin actividades

Empresa registrada en la Xunta de Galicia/turismo  con el código:       TD-PO-000723

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now