Camiñoaventura: A mellor forma de coñecer os valores do camiño.


Preparados/as para coñecer os segredos do Camiño?
O Camiño de Santiago é realizado por miles de persoas, que buscan máis que chegar a Santiago.
Buscan os valores de Galicia, coñecer o seu entorno natural, a súa cultura, os recursos etnográficos, empaparse da súa esencia de Terra Meiga... Estes recursos deben ser valorados polos propios veciños/as, que deben sentilos como propios e sentirse orgulloso dos mesmos.
Para chegar a valoralos o primeiro que debemos conseguir é que o valoren os nenos e nenas, e a forma máis sinxela de conseguilo é mediante o xogo.
Camiñoaventura: unha actividade que recolle diversión, observación, sociabilidade, deporte e moito máis...
Os escolares repartiranse en grupos, e deberán seguir o seu Camiño mediante un mapa, no que atoparán marcadas as probas, (ubicadas en diferentes recursos), que deberán resolver ou superar para continuar e chegar ao final, sempre tod@s xunt@s.
Con isto buscamos chamar a súa atención, a observación e a valoración do recurso e o disfrute do mesmo.
A duración da actividade é de 2-3 horas.
A actividade realízase polo Camiño de Santiago, realizando un traxecto de aproximadamente 6 Kilómetros.
O autobús debe deixar aos participantes no punto de inicio e recollelos no punto final (a empresa enviará a ubicación de ambos puntos previamente).
Os grupos estarán acompañados por persoal da empresa que se encargará así mesmo da loxística da actividade, colocación e recollida das probas.
Necesario acompañamento de algún profesor/a.
A actividade inclúe:
-Mapa do camiño a realizar.
-Probas sobre diferentes recursos.
-2 Monitores de actividade.
-Seguro de actividade.
Esta actividade será subvencionada para os primeiros interesados, sempre que se realice en outubro de 2019. Subvención financiada pola Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia dentro do programa do Xacobeo 2021.
Para máis información, consulte con nós.
-

